Saltar ao contido

A nosa historia

Benvido a Bicicletas Rioseco - O Teu Destino Ciclista dende fai máis de 15 anos
Somos moito máis que un simple lugar para adquirir bicicletas; somos o fogar da túa paixón polo ciclismo. Cunha traxectoria de máis de 15 anos no mundo do ciclismo, forxamos un camiño sólido como especialistas apaixonados e dedicados.
A nosa ampla gama de bicicletas abarca dende as máis clásicas ata as máis modernas, incluíndo as innovadoras bicicletas eléctricas que están revolucionando a forma en que experimentamos a liberdade sobre as dúas rodas. Ben sexas un ciclista experimentado buscando a próxima aventura ou un principiante emocionado por comezar a túa viaxe en bicicleta, temos a bicicleta perfecta para ti.
En Bicicletas Rioseco, cremos en pedalear soños e forxar conexións. Somos unha parte integral da comunidade ciclista, compartindo a mesma emoción e enerxía que te impulsa en cada xiro de roda. Únete a nós no camiño á exploración, a superación persoal e á libertad que soó unha bicicleta pode brindar.
Ven a Bicicletas Rioseco e fai que cada pedalada conte. A túa viaxe comeza aquí.

Taller de bicicletas

Recuperamos o funcionamento da túa bicicleta, solucionamos calquera problema mecánico da túa bici.

Camiño de Fisterra-Muxía

Posta a punto da túa bici para realizar as etapas do camiño con seguridade e confianza na túa bicicleta.

Trato próximo

Síntete cómodo e seguro durante todo o proceso con nós.

Bicicletas eléctricas

Vendemos e solucionamos problemas con bicicletas eléctricas.

Reparación

Realizamos todo tipo de reparacións de bicicletas.

Segunda man

Temos un gran abano de bicicletas de segunda man á venda.

Mantemento

Mantemento de horquillas e amortiguadores.

Complementos

Temos todo tipo de complementos para a práctica do ciclismo.

Reset password

Enter your email address and we will send you a link to change your password.

Comience con su cuenta

para guardar tus casas favoritas y más

Sign up with email

Comience con su cuenta

para guardar tus casas favoritas y más

By clicking the «SIGN UP» button you agree to the Terms of Use and Privacy Policy
Powered by Estatik
gl_ESGalego